Entradas

Semana do Libro

 Na semana do 22 ao 29 de abril, expuxéronse no colexio os traballos resultantes das actividades realizadas polo alumnado. Durante eses días o corredor da biblioteca e as escaleiras centrais estiveron adornadas por numerosas obras de ficción que encheron de imaxinación os catro andares do edificio. Aquí amosamos unha pequena parte desas creacións, inspirada na iniciativa dos empregados de Mollat de  Librairie de Francia.

Día Mundial da Poesía

Imagen
https://es.unesco.org/commemorations/worldpoetryday O pasado 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía, iniciativa proposta pola UNESCO co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilidade daquelas linguas que se atopan en perigo. Comezamos as clases da mañá coa lectura de poemas de diversas temáticas e en diferentes linguas. O equipo de biblioteca realizou unha pequena selección de textos para cada unha das etapas educativas, aínda que tamén unha parte do profesorado implicouse na búsqueda de poemas que conectasen as súas materias co mundo da poesía. Participaron nas lecturas tanto o alumnado como o profesorado.                             https://www.instagram.com/p/CbXhpT9M62T/?utm_medium=copy_link Ademais, algúns rapaces e rapazas de secundaria elaboraron os seus propios versos, moitos deles relacionados co terrible conflito bélico que estamos a vivir n...

DíA de ROSALÍA

Imagen
  Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero, quen puidera non deixar!                                                                                                                                   Rosalía de Castro  Hoxe comezamos a xornada escolar conmemorando o Día de Rosalía no aniversario do seu nacemento. Lembrouse a súa figura na reflexión da mañá e continuouse na clase de lingua a través de vídeos, imaxes e a lectura de diversos textos. Ademais, no comedor do colexio, o menú contiña o tradicional caldo de gloria, ao que Rosalía fai referencia nu...

Semana do amor e da amizade

  Aquí tedes o enlace para ver como celebramos esta semana tan especial. https://www.instagram.com/reel/CaH4I-cqYWa/?utm_medium=copy_link

X Concurso O correo de San Valentín

Imagen
  Con estas garimosas e tenras palabras, os alumnos e as alumnas de secundaria celebraron a Semana do amor e da amizade.                                                                                                                                                                            Grazas, de corazón Se podía oler el suave aroma del café en los alrededores. Su brillante pelo se movía con el ligero viento parisino. En su vestido de lunares, y bolso y zapatos rojos, se veía ...

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Imagen
O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Reimundo Patiño . https://diadailustracion.gal/ Nesta ocasión, a encargada de deseñar o cartel foi a ilustradora galega Paula Mayor . Na seguinte ligazón, tedes acceso ao blog de bibliotecas escolares de Galicia onde atoparedes máis información sobre esta conmemoración e os seus protagonistas. https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/

RECOMENDACIÓNS PARA UN NADAL CHEO DE LIBROS

Imagen
O tempo de Nadal xa chegou e con el as nosas lecturas recomendadas para estas vacacións!   Ao igual que o pasado ano, este Nadal celebraremos unhas festas un pouco diferentes, pero nas que deixaremos voar a nosa imaxinación mentres pasamos páxinas e páxinas, adentrándonos en emocionantes historias e mantendo a ilusión por unha temporada cargada de emocións e bos desexos. Dende o equipo de biblioteca desexámosvos que pasedes un bo Nadal e tamén un feliz Aninovo. “Non importa o vento, non importa o frío, porque aínda podemos celebrar un bo Nadal” (Walter Scott) (Clica nas imaxes para ampliar) Información de cada libro: EN GALEGO: Bo Nadal! Autora: Margarita del Mazo e Celia Moreno Editorial: Ediciones Jaguar Das creadoras da exitosa colección de “Os Planetas”, “Papá di” e “Dinosauros do 1 ao 10”, entre outros, chéganos esta invitación para vivir a marabillosa época do Nadal con ilusión. Descobre aos poucos como a cidade se transforma conforme chega o Nadal e os seus habitantes comez...