Entradas

Mostrando entradas de junio, 2021

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Imagen
O verán xa chegou! E con el as nosas recomendacións de lecturas para que pasedes unhas felices vacacións viaxando polos recunchos da vosa imaxinación.  Despois dun curso tan inusual e cargado de difíciles retos, é hora de gozar dun ben merecido descanso rodeados de libros.  O equipo de biblioteca desexámosvos un bo verán! Esperámosvos á volta. “- Canto tempo é para sempre? - Ás veces só un segundo.” ( Lewis Carrol , Alicia no País das Marabillas ) Clica nas imaxes para ampliar Información de cada libro :  EN GALEGO: O oso Bomozo Autor: Santiago Luna Lupo Editorial: Bululú Esta é a historia dun oso sen un talento asombroso e co soño de ser un oso glorioso. No ovo Autora: Emma Lidia Squillari Editorial: Kalandraka Doce ovos e, en cada un -todos de diferentes tamaños, cores e texturas-, unha criatura a piques de nacer. A nena do vestido de flores Autor: Manuel Fontemoura Editorial: Aira Libro precioso. Moi interesante para traballar a empatía coas persoas con autismo.   O misterio dos fil

Despedida do equipo de voluntarias da biblioteca

Imagen
Despois de varios anos colaborando, as rapazas do equipo de biblioteca despídense do colexio. Ana, Blanca, Raquel, Natalia, Andrea, Julia, Candela e Blanca: Queremos agradecer a vosa implicación e a ilusión coa que traballastes sempre. Non esquezades os momentos que compartistes xuntas entre libros, estanterías, disfraces, corazóns e pantasmas. Desexámosvos moita sorte na nova etapa que estades a piques de iniciar. A biblioteca da porta azul botaravos en falta. Unha forte aperta!