Posto de libros na feira de Santa Xoana
O equipo de alumnado voluntario da biblioteca preparou o posto de libros solidario que se instalou por primeira vez na feira de Santa Xoana. Os rapaces e as rapazas axudaron aos máis pequenos lectores na elección de libros, procedentes de doazóns anteriores das familias. A cambio dun exemplar e dun marcapáxinas, deseñado algún por alumnos de secundaria, aportábase un donativo, contribuíndo así á recollida de cartos destinados a varias asociacións solidarias. Os encargados do posto de libros colaboraron de maneira responsable neste novo labor e fixeron un fabuloso traballo. Moitas grazas ao equipo e a todos aqueles que vos achegastes a este punto de lectura nunha data tan especial.