Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Imagen
O pasado domingo, 24 de outubro, celebrouse o Día das Bibliotecas, e aproveitamos esta data tan especial para facer a inauguración oficial da nosa biblioteca escolar para o curso 2021/2022.  Despois de dous anos marcados polas restricións a causa da situación sanitaria, abrir de novo a porta azul da biblioteca, con certa normalidade, convértese en algo simbólico e cheo de esperanza. Desde 1997, cada 24 de outubro, conmemórase o Día da Biblioteca. A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, para lembrar a destrución da biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico. A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como instrumento de mellora da información e a convivencia humana. O cartel, nesta ocasión, é obra da  ilustradora extremeña Mayte Alvarado. E o lema ¨Bibliotecas: ler, aprender, des

DÍA DAS ESCRITORAS 2021: ¨LER AS IDADES DA VIDA¨

Nesta xornada conmemoramos o Día das Escritoras nas diferentes etapas educativas e de xeitos diversos, aproveitando os materiais facilitados a través do blog de Bibliotecas escolares de Galicia, pola BNE e polas profes do colexio. Os nenos e nenas de infantil e primaria participaron nesta festividade chea de significado. O alumnado de secundaria celebrou lendo nas aulas, como nas outras etapas, algúns dos textos seleccionados en castelán e en galego. Para a montaxe final, os rapaces e rapazas colaboraron aportando diversos libros de ficción de mulleres escritoras.