Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2020

MENSAXE DE NADAL

O equipo da biblioteca da porta azul deséxavos un bo Nadal e un ano novo cargado de saúde e esperanza. Non atopamos mellor maneira de facelo que escoitar nas voces das rapazas de biblioteca unha agarimosa mensaxe de Nadal para grandes e pequenos:

RECOMENDACIÓNS PARA UN NADAL CHEO DE LIBROS

Imagen
Dámosvos a benvida ao noso novo blogue da biblioteca do colexio cunha das nosas publicacións favoritas, que non é outra que as recomendacións de lecturas para este Nadal. Sen dúbida este será o máis diferente de todos os vividos, pero no que grazas aos libros poderemos vivir historias incribles e adentrarnos en mundos inimaxinables, sen perder a ilusión. Esperamos que vos gusten!  “Celebrarei o Nadal de todo corazón e procurarei facer o mesmo durante todo o ano. Vivirei no pasado, no presente e no futuro.”     (Charles Dickens, Canción de Nadal ) Clica nas imaxes para ampliar. Información de cada libro: EN GALEGO: Balea Autor: Fernando Federico Editorial: Kalandraka Un libro acordeón que nos presenta un artefacto mecánico con forma de cetáceo que est á habitado por curiosos persona xes. No seu interior ocorren unha morea  de divertidas historias. Observa con atenci ón e poderás descubrilas!   Os Bolechas. O Ares indiano Autor: Jose Carreiro Monteiro Editorial: Ediciones Bolanda Os Bole