DíA de ROSALÍA

 


Deixo amigos por estraños,

deixo a veiga polo mar,

deixo, en fin, canto ben quero,

quen puidera non deixar!

                                                                                                        Rosalía de Castro 

Hoxe comezamos a xornada escolar conmemorando o Día de Rosalía no aniversario do seu nacemento. Lembrouse a súa figura na reflexión da mañá e continuouse na clase de lingua a través de vídeos, imaxes e a lectura de diversos textos.

Ademais, no comedor do colexio, o menú contiña o tradicional caldo de gloria, ao que Rosalía fai referencia nun dos seus poemas de Follas Novas.

Esta é unha data moi importante dentro da cultura galega pola muller homenaxeada; data que se viña celebrando o 24 de febreiro e que, de agora en adiante, tras atoparse uns documentos que así o certifican, trasládase á data real: 23 de febreiro.

¨Rosalía sempre dá cousas novas e agora ofrécenos unha nova data para celebrar o seu día.¨  Anxo Angueira.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O correo de San Valentín 2024

Lecturas para o verán

A Semana do Libro 2023