DÍA DA ILUSTRACIÓN
O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Reimundo Patiño.
Nesta ocasión, a encargada de deseñar o cartel foi a ilustradora galega Paula Mayor.
Na seguinte ligazón, tedes acceso ao blog de bibliotecas escolares de Galicia onde atoparedes máis información sobre esta conmemoración e os seus protagonistas.
Comentarios
Publicar un comentario