Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

Semana do Libro 2021

 A semana pasada celebramos no colexio a Semana do Libro baixo o lema ¨Cada lectura unha viaxe polas emocións¨. O venres 23 de abril culminamos a semana co día grande, o Día do Libro, converxendo co noso English Day, e con Shakespeare e Cervantes como fío condutor. En todos os cursos traballaron contos, relatos e historias como xeradores de emocións, e é que non hai mellor maneira de viaxar, tanto polo noso interior como por distintos recunchos do universo, que mergullándonos nas páxinas dun libro. Nesta ocasión, utilizamos  O monstro de cores como soporte material das emocións. Tamén elaboramos un emocionómetro, un obradoiro de contacontos, mandalas e historias creativas con ¨Tira un conto¨ en Educación Infantil. Creamos perfís de Instagram de personaxes literarios e de diferentes libros e contos; ademais de traballar as emocións a partir de contos tradicionais e libros de lectura máis lidos en Educación Primaria. Realizamos un documento coas vivencias que compartiron os alumnos ao lo