Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022

Día das Bibliotecas 2022

Imagen
  O pasado luns, 24 de outubro, coincidindo co Día das Bibliotecas, realizamos a apertura oficial da nosa Biblioteca da Porta Azul. Despois de facer a formación de usuarios co profesorado, continuamos coa formación do alumnado. Este curso recuperamos o funcionamento normal do equipo de alumnas e alumnos voluntarios. Lembramos nas aulas a importancia das bibliotecas no mundo e, especialmente, en tempos de guerra. Por iso, limos o álbum ilustrado La bibliotecaria de Basora de Jeanette Winter e fixemos unha reflexión sobre o papel das bibliotecas no mundo como lugar de diálogo, convivencia e paz. Moitos pequenos visitaron por vez primeira a biblioteca e descubriron un espazo especial para escoitar e ler contos. Ademais, demos a coñecer os carteis da Biblioteca Nacional e o das bibliotecas escolares de Galicia para o presente curso.   Benvidos de novo ó mundo da biblioteca!

Día das Escritoras 2022

Imagen
DÍA DAS ESCRITORAS 2022