Día Mundial da Poesía


https://es.unesco.org/commemorations/worldpoetryday


O pasado 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía, iniciativa proposta pola UNESCO co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilidade daquelas linguas que se atopan en perigo.

Comezamos as clases da mañá coa lectura de poemas de diversas temáticas e en diferentes linguas. O equipo de biblioteca realizou unha pequena selección de textos para cada unha das etapas educativas, aínda que tamén unha parte do profesorado implicouse na búsqueda de poemas que conectasen as súas materias co mundo da poesía. Participaron nas lecturas tanto o alumnado como o profesorado. 

                           https://www.instagram.com/p/CbXhpT9M62T/?utm_medium=copy_link

Ademais, algúns rapaces e rapazas de secundaria elaboraron os seus propios versos, moitos deles relacionados co terrible conflito bélico que estamos a vivir nestes momentos; facendo así súa esta interpretación da poesía:

¨A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz.¨                          https://es.unesco.org/commemorations/worldpoetryday

A continuación, ofrecemos unha mostra deses textos xurdidos da sensibilidade dos nenos e das nenas.


Comentarios

Entradas populares de este blog

O correo de San Valentín 2024

Lecturas para o verán

A Semana do Libro 2023