Entradas

Mostrando entradas de junio, 2022

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

Imagen
Como cada final de curso, o equipo da Biblioteca da Porta Azul compartimos con vós as nosas lecturas recomendadas para o estío.   Esperamos que pasedes un bo verán, viaxedes a lugares inimaxinables entre páxinas e gocedes dunhas ben merecidas vacacións. Esperámosvos á volta! “O mundo é un libro e aqueles que non viaxan, só len unha páxina” (San Agustín). (Clica nas imaxes para agrandar) EN GALEGO: O momento perfecto Autora: Susanna Isen Inigo Editorial: La Fragatina Ediciones Esquío non pode perder nin un minuto. Recibiu unha carta moi importante e ten que chegar ao seu destino canto antes. Pero non o vai ter nada fácil! Carabuñas Autora: Margarita del Mazo Fernandez Editorial: OQO Editora Vaia, ho! Caramuxo botou un foguete! Non son Caramuxo. Son Carabuñas, o que nunca corta as uñas! -contestou o bruxo, rabioso. Non me veñas con contos... O estanque dos parrulos pobres Autora: Fina Casalderrey Editorial: Rodeira Co seu avó, Noema aprendeu moitas cousas, xa que o avó é sabio. E tamén é