Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2021

RECOMENDACIÓNS PARA UN NADAL CHEO DE LIBROS

Imagen
O tempo de Nadal xa chegou e con el as nosas lecturas recomendadas para estas vacacións!   Ao igual que o pasado ano, este Nadal celebraremos unhas festas un pouco diferentes, pero nas que deixaremos voar a nosa imaxinación mentres pasamos páxinas e páxinas, adentrándonos en emocionantes historias e mantendo a ilusión por unha temporada cargada de emocións e bos desexos. Dende o equipo de biblioteca desexámosvos que pasedes un bo Nadal e tamén un feliz Aninovo. “Non importa o vento, non importa o frío, porque aínda podemos celebrar un bo Nadal” (Walter Scott) (Clica nas imaxes para ampliar) Información de cada libro: EN GALEGO: Bo Nadal! Autora: Margarita del Mazo e Celia Moreno Editorial: Ediciones Jaguar Das creadoras da exitosa colección de “Os Planetas”, “Papá di” e “Dinosauros do 1 ao 10”, entre outros, chéganos esta invitación para vivir a marabillosa época do Nadal con ilusión. Descobre aos poucos como a cidade se transforma conforme chega o Nadal e os seus habitantes comezan a