Entradas

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Imagen
O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Reimundo Patiño . https://diadailustracion.gal/ Nesta ocasión, a encargada de deseñar o cartel foi a ilustradora galega Paula Mayor . Na seguinte ligazón, tedes acceso ao blog de bibliotecas escolares de Galicia onde atoparedes máis información sobre esta conmemoración e os seus protagonistas. https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/

RECOMENDACIÓNS PARA UN NADAL CHEO DE LIBROS

Imagen
O tempo de Nadal xa chegou e con el as nosas lecturas recomendadas para estas vacacións!   Ao igual que o pasado ano, este Nadal celebraremos unhas festas un pouco diferentes, pero nas que deixaremos voar a nosa imaxinación mentres pasamos páxinas e páxinas, adentrándonos en emocionantes historias e mantendo a ilusión por unha temporada cargada de emocións e bos desexos. Dende o equipo de biblioteca desexámosvos que pasedes un bo Nadal e tamén un feliz Aninovo. “Non importa o vento, non importa o frío, porque aínda podemos celebrar un bo Nadal” (Walter Scott) (Clica nas imaxes para ampliar) Información de cada libro: EN GALEGO: Bo Nadal! Autora: Margarita del Mazo e Celia Moreno Editorial: Ediciones Jaguar Das creadoras da exitosa colección de “Os Planetas”, “Papá di” e “Dinosauros do 1 ao 10”, entre outros, chéganos esta invitación para vivir a marabillosa época do Nadal con ilusión. Descobre aos poucos como a cidade se transforma conforme chega o Nadal e os seus habitantes comez...

A SEMANA TERRORÍFICA

Imagen
🎃🎃🎃 O Samaín chegou ás aulas da Compañía de María! Os alumnos de secundaria profundaron estes días nas orixes desta tradición galega e coñeceron de maneira lúdica diferentes figuras monstruosas da nosa cultura popular (sacauntos, urco, lavandeira...). Ademais, divertíronse escoitadno as arrepiantes e orixinais hisotrias de medo que eles mesmos crearon. Os nenos e nenas de infantil e primaria tamén disfrutaron desta  Semana Terrorífica  con misteriosos relatos contados nas aulas e na biblioteca do colexio. https://www.instagram.com/p/CV sHRMQsE3t/?utm_medium=share_sh eet Por outra banda, os alumnos de terceiro e cuarto de ESO lembraron outros costumes moi vencellados á literatura romántica. Así, dramatizaron un fragmento da peza teatral  Don Juan Tenorio  de José Zorrilla escenificada en moitos lugares a véspera de Todos os Santos, e compartiron a lectura da lenda de Gustavo Adolfo Bécquer ¨El monte de las ánimas". Ambas composicións rodeadas dun ambiente fantasmag...

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Imagen
O pasado domingo, 24 de outubro, celebrouse o Día das Bibliotecas, e aproveitamos esta data tan especial para facer a inauguración oficial da nosa biblioteca escolar para o curso 2021/2022.  Despois de dous anos marcados polas restricións a causa da situación sanitaria, abrir de novo a porta azul da biblioteca, con certa normalidade, convértese en algo simbólico e cheo de esperanza. Desde 1997, cada 24 de outubro, conmemórase o Día da Biblioteca. A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, para lembrar a destrución da biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico. A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como instrumento de mellora da información e a convivencia humana. O cartel, nesta ocasión, é obra da  ilustradora extremeña Mayte Alvarado. E o lema ¨Bibliotecas: ler, apre...

DÍA DAS ESCRITORAS 2021: ¨LER AS IDADES DA VIDA¨

Nesta xornada conmemoramos o Día das Escritoras nas diferentes etapas educativas e de xeitos diversos, aproveitando os materiais facilitados a través do blog de Bibliotecas escolares de Galicia, pola BNE e polas profes do colexio. Os nenos e nenas de infantil e primaria participaron nesta festividade chea de significado. O alumnado de secundaria celebrou lendo nas aulas, como nas outras etapas, algúns dos textos seleccionados en castelán e en galego. Para a montaxe final, os rapaces e rapazas colaboraron aportando diversos libros de ficción de mulleres escritoras.

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Imagen
O verán xa chegou! E con el as nosas recomendacións de lecturas para que pasedes unhas felices vacacións viaxando polos recunchos da vosa imaxinación.  Despois dun curso tan inusual e cargado de difíciles retos, é hora de gozar dun ben merecido descanso rodeados de libros.  O equipo de biblioteca desexámosvos un bo verán! Esperámosvos á volta. “- Canto tempo é para sempre? - Ás veces só un segundo.” ( Lewis Carrol , Alicia no País das Marabillas ) Clica nas imaxes para ampliar Información de cada libro :  EN GALEGO: O oso Bomozo Autor: Santiago Luna Lupo Editorial: Bululú Esta é a historia dun oso sen un talento asombroso e co soño de ser un oso glorioso. No ovo Autora: Emma Lidia Squillari Editorial: Kalandraka Doce ovos e, en cada un -todos de diferentes tamaños, cores e texturas-, unha criatura a piques de nacer. A nena do vestido de flores Autor: Manuel Fontemoura Editorial: Aira Libro precioso. Moi interesante para traballar a empatía coas persoas con autismo.  ...