A SEMANA TERRORÍFICA
🎃🎃🎃
O Samaín chegou ás aulas da Compañía de María!
Os nenos e nenas de infantil e primaria tamén disfrutaron desta Semana Terrorífica con misteriosos relatos contados nas aulas e na biblioteca do colexio.
Por outra banda, os alumnos de terceiro e cuarto de ESO lembraron outros costumes moi vencellados á literatura romántica. Así, dramatizaron un fragmento da peza teatral Don Juan Tenorio de José Zorrilla escenificada en moitos lugares a véspera de Todos os Santos, e compartiron a lectura da lenda de Gustavo Adolfo Bécquer ¨El monte de las ánimas". Ambas composicións rodeadas dun ambiente fantasmagórico e tenebroso tan apropiado para estas datas.
Comentarios
Publicar un comentario