Entradas

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Imagen
O verán xa chegou! E con el as nosas recomendacións de lecturas para que pasedes unhas felices vacacións viaxando polos recunchos da vosa imaxinación.  Despois dun curso tan inusual e cargado de difíciles retos, é hora de gozar dun ben merecido descanso rodeados de libros.  O equipo de biblioteca desexámosvos un bo verán! Esperámosvos á volta. “- Canto tempo é para sempre? - Ás veces só un segundo.” ( Lewis Carrol , Alicia no País das Marabillas ) Clica nas imaxes para ampliar Información de cada libro :  EN GALEGO: O oso Bomozo Autor: Santiago Luna Lupo Editorial: Bululú Esta é a historia dun oso sen un talento asombroso e co soño de ser un oso glorioso. No ovo Autora: Emma Lidia Squillari Editorial: Kalandraka Doce ovos e, en cada un -todos de diferentes tamaños, cores e texturas-, unha criatura a piques de nacer. A nena do vestido de flores Autor: Manuel Fontemoura Editorial: Aira Libro precioso. Moi interesante para traballar a empatía coas persoas con autismo.  ...

Despedida do equipo de voluntarias da biblioteca

Imagen
Despois de varios anos colaborando, as rapazas do equipo de biblioteca despídense do colexio. Ana, Blanca, Raquel, Natalia, Andrea, Julia, Candela e Blanca: Queremos agradecer a vosa implicación e a ilusión coa que traballastes sempre. Non esquezades os momentos que compartistes xuntas entre libros, estanterías, disfraces, corazóns e pantasmas. Desexámosvos moita sorte na nova etapa que estades a piques de iniciar. A biblioteca da porta azul botaravos en falta. Unha forte aperta!

Semana do Libro 2021

 A semana pasada celebramos no colexio a Semana do Libro baixo o lema ¨Cada lectura unha viaxe polas emocións¨. O venres 23 de abril culminamos a semana co día grande, o Día do Libro, converxendo co noso English Day, e con Shakespeare e Cervantes como fío condutor. En todos os cursos traballaron contos, relatos e historias como xeradores de emocións, e é que non hai mellor maneira de viaxar, tanto polo noso interior como por distintos recunchos do universo, que mergullándonos nas páxinas dun libro. Nesta ocasión, utilizamos  O monstro de cores como soporte material das emocións. Tamén elaboramos un emocionómetro, un obradoiro de contacontos, mandalas e historias creativas con ¨Tira un conto¨ en Educación Infantil. Creamos perfís de Instagram de personaxes literarios e de diferentes libros e contos; ademais de traballar as emocións a partir de contos tradicionais e libros de lectura máis lidos en Educación Primaria. Realizamos un documento coas vivencias que compartiron os alum...

Galardoados no IX Concurso O Correo de San Valentín

Imagen
Parabéns aos galardoados no IX Concurso O Correo de San Valentín neste ano 2021:      - Bruno Rodríguez Basoa de 1.º, en lingua castelá.      - Javier Vázquez López de 2.º, en lingua galega.      - Blanca López García de 3.º, en lingua inglesa.      - Blanca Baz Souto de 4.º, en lingua francesa. Podedes ler os textos gañadores dos rapaces e das rapazas de Secundaria, a continuación:                                                 

Concurso Jóvenes Talentos de Relato Corto

O pasado venres, 5 de marzo, unha rapaza e dous rapaces de 2.º de ESO participaron na fase provincial deste certame literario da Fundación Coca-Cola, despois de ser seleccionados para representar ao colexio. A proba escrita en lingua galega tivo lugar durante a mañá. Realizouse, por primeira vez e nesta 60.ª edición, de xeito dixital, debido á situación sanitaria. Os alumnos accederon á plataforma para escribir o seu relato, baseado nun estímulo proposto pola organización. Durante dúas horas, Jorge, Raúl e Inés deixaron traballar a súa creatividade. Desexámoslles moita sorte!

O correo de San Valentín 2021

IX Concurso  O correo de San Valentín. Este ano achegamos de xeito virtual  a exposición das mensaxes de amor e amizade do noso alumnado. En poucos días, coñeceremos os nomes dos gañadores do concurso . Esperamos que vos guste esta selección.

MENSAXE DE NADAL

O equipo da biblioteca da porta azul deséxavos un bo Nadal e un ano novo cargado de saúde e esperanza. Non atopamos mellor maneira de facelo que escoitar nas voces das rapazas de biblioteca unha agarimosa mensaxe de Nadal para grandes e pequenos: