Despedida do equipo de voluntarias da biblioteca
Despois de varios anos colaborando, as rapazas do equipo de biblioteca despídense do colexio.
Ana, Blanca, Raquel, Natalia, Andrea, Julia, Candela e Blanca:
Queremos agradecer a vosa implicación e a ilusión coa que traballastes sempre. Non esquezades os momentos que compartistes xuntas entre libros, estanterías, disfraces, corazóns e pantasmas.
Desexámosvos moita sorte na nova etapa que estades a piques de iniciar.
A biblioteca da porta azul botaravos en falta.
Unha forte aperta!
Comentarios
Publicar un comentario