Concurso Jóvenes Talentos de Relato Corto
O pasado venres, 5 de marzo, unha rapaza e dous rapaces de 2.º de ESO participaron na fase provincial deste certame literario da Fundación Coca-Cola, despois de ser seleccionados para representar ao colexio.
A proba escrita en lingua galega tivo lugar durante a mañá. Realizouse, por primeira vez e nesta 60.ª edición, de xeito dixital, debido á situación sanitaria. Os alumnos accederon á plataforma para escribir o seu relato, baseado nun estímulo proposto pola organización. Durante dúas horas, Jorge, Raúl e Inés deixaron traballar a súa creatividade.
Desexámoslles moita sorte!
Comentarios
Publicar un comentario