Semana do Libro 2021


 A semana pasada celebramos no colexio a Semana do Libro baixo o lema ¨Cada lectura unha viaxe polas emocións¨.

O venres 23 de abril culminamos a semana co día grande, o Día do Libro, converxendo co noso English Day, e con Shakespeare e Cervantes como fío condutor.

En todos os cursos traballaron contos, relatos e historias como xeradores de emocións, e é que non hai mellor maneira de viaxar, tanto polo noso interior como por distintos recunchos do universo, que mergullándonos nas páxinas dun libro. Nesta ocasión, utilizamos O monstro de cores como soporte material das emocións.

Tamén elaboramos un emocionómetro, un obradoiro de contacontos, mandalas e historias creativas con ¨Tira un conto¨ en Educación Infantil.

Creamos perfís de Instagram de personaxes literarios e de diferentes libros e contos; ademais de traballar as emocións a partir de contos tradicionais e libros de lectura máis lidos en Educación Primaria.

Realizamos un documento coas vivencias que compartiron os alumnos ao longo do confinamento do curso pasado, convertidas nun pequeno caderno de viaxe en Educación Secundaria.

O último día, o Día do Libro, todos os cursos visionamos diferentes vídeos sobre Shakespeare e Cervantes e sobre a razón de conmemorar o 23 de abril como o  Día Internacional do Libro. Culminamos a mañá coa elaboración dun marcapáxinas con estes dous autores como protagonistas.

Foi unha semana cargada de emocións e na que alumnos e profesores fixemos unha emocionante viaxe polo noso interior grazas á literatura.






Comentarios

Entradas populares de este blog

O correo de San Valentín 2024

Lecturas para o verán