Un ano máis a celebración do Día do Libro fixo que no noso colexio tivesen lugar unha morea de actividades: teatro, contacontos, saídas, visitas... Como as Bibliotecas Escolares de Galicia xa veñen facendo durante este curso académico, o teatro converteuse no protagonista e, por iso, o teatro Jofre, símbolo da vida cultural da nosa cidade, foi o elemento motivador nestes días. Visita librería e Feira do Libro Teatro en Afundación
Este curso inauguramos oficialmente a nosa Biblioteca da Porta Azul no segundo andar do colexio. Aproveitamos o Día das Bibliotecas, 24 de outubro, para amosar a nova sala a todo o alumnado. Durante estes días, as profesoras do equipo de biblioteca fixeron a formación ao profesorado sobre o uso e funcionamento da biblioteca; e tamén estase a realizar o mesmo labor cos rapaces e rapazas das diferentes etapas educativas. A primeira hora da mañá fíxose unha reflexión sobre esta data tan especial, lembrouse a orixe da conmemoración e visionouse un vídeo coas bibliotecas máis fermosas do mundo: As bibliotecas máis lindas do mundo AS BIBLIOTECAS, POR UN FUTURO SOSTIBLE
Comentarios
Publicar un comentario