Apertura oficial da Biblioteca da Porta Azul
Este curso inauguramos oficialmente a nosa Biblioteca da Porta Azul no segundo andar do colexio.
Aproveitamos o Día das Bibliotecas, 24 de outubro, para amosar a nova sala a todo o alumnado.
Durante estes días, as profesoras do equipo de biblioteca fixeron a formación ao profesorado sobre o uso e funcionamento da biblioteca; e tamén estase a realizar o mesmo labor cos rapaces e rapazas das diferentes etapas educativas.
A primeira hora da mañá fíxose unha reflexión sobre esta data tan especial, lembrouse a orixe da conmemoración e visionouse un vídeo coas bibliotecas máis fermosas do mundo: As bibliotecas máis lindas do mundo
AS BIBLIOTECAS, POR UN FUTURO SOSTIBLE
Comentarios
Publicar un comentario