Visitounos Rosa Huertas


O pasado 14 de marzo recibimos a visita da escritora Rosa Huertas.
Os rapaces e as rapazas de 2.º de ESO leron o libro Tuerto, maldito y enamorado  galardoado co X Premio Alandar de Literatura Xuvenil no ano 2010, e o alumnado de 4.º de ESO, La hija del escritor.

Como a mesma Rosa recoñece, disfruta  escribindo historias que falan do pasado e do presente, que misturan a realidade e a ficción,  e nas que os sentimentos traspasan as páxinas para emocionar aos lectores.

E os lectores disfrutamos con:

- O halo de misterio que desprende toda a novela e dan ganas de seguir lendo.
- A intriga constante que fai que se lea con máis atención.
- A confianza e o apoio emocional que supón Ricardo para Elisa.
- A complicidade entre as irmás.
- A forma tan natural de introducir o mundo das pantasmas no noso. Ao coñecer o nome de Lorenzo, pasa de ser unha pantasma a un personaxe real.
- A maneira na que Elisa vai superando os seus medos pouco a pouco e o sacrificio que fai por alguén que non coñece.

Agradecemos a Rosa  o entusiasmo co que fala da súa profesión e a súa amabilidade con todos nós.



Comentarios

Entradas populares de este blog

O correo de San Valentín 2024