Día das Bibliotecas 2022

 




O pasado luns, 24 de outubro, coincidindo co Día das Bibliotecas, realizamos a apertura oficial da nosa Biblioteca da Porta Azul.

Despois de facer a formación de usuarios co profesorado, continuamos coa formación do alumnado.

Este curso recuperamos o funcionamento normal do equipo de alumnas e alumnos voluntarios.

Lembramos nas aulas a importancia das bibliotecas no mundo e, especialmente, en tempos de guerra. Por iso, limos o álbum ilustrado La bibliotecaria de Basora de Jeanette Winter e fixemos unha reflexión sobre o papel das bibliotecas no mundo como lugar de diálogo, convivencia e paz.



Moitos pequenos visitaron por vez primeira a biblioteca e descubriron un espazo especial para escoitar e ler contos.

Ademais, demos a coñecer os carteis da Biblioteca Nacional e o das bibliotecas escolares de Galicia para o presente curso.


Benvidos de novo ó mundo da biblioteca!

Comentarios

Entradas populares de este blog

O correo de San Valentín 2024

Lecturas para o verán

A Semana do Libro 2023