RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

O verán xa chegou! E con el as nosas recomendacións de lecturas para que pasedes unhas felices vacacións viaxando polos recunchos da vosa imaxinación. Despois dun curso tan inusual e cargado de difíciles retos, é hora de gozar dun ben merecido descanso rodeados de libros. O equipo de biblioteca desexámosvos un bo verán! Esperámosvos á volta. “- Canto tempo é para sempre? - Ás veces só un segundo.” ( Lewis Carrol , Alicia no País das Marabillas ) Clica nas imaxes para ampliar Información de cada libro : EN GALEGO: O oso Bomozo Autor: Santiago Luna Lupo Editorial: Bululú Esta é a historia dun oso sen un talento asombroso e co soño de ser un oso glorioso. No ovo Autora: Emma Lidia Squillari Editorial: Kalandraka Doce ovos e, en cada un -todos de diferentes tamaños, cores e texturas-, unha criatura a piques de nacer. A nena do vestido de flores Autor: Manuel Fontemoura Editorial: Aira Libro precioso. Moi interesante para traballar a empatía coas persoas con autismo. ...