Entradas

Un verán cheo de lecturas

 

Semana do Libro 2025

Un ano máis a celebración do Día do Libro fixo que no noso colexio tivesen lugar unha morea de actividades: teatro, contacontos, saídas, visitas...  Como as Bibliotecas Escolares de Galicia xa veñen facendo durante este curso académico, o teatro converteuse no protagonista e, por iso, o teatro Jofre, símbolo da vida cultural da nosa cidade, foi o elemento motivador nestes días. Visita librería e Feira do Libro Teatro en Afundación

Feira do Libro de Ferrol 2025

 

O correo de San Valentín 2025

 Chegamos á 13.ª edición do concurso O correo de San Valentín. Estes son os textos premiados dos alumnos e alumnas de secundaria. Grazas a Lucas, Álvaro, Carmen, Elisa e Paula polo seu esforzo e noraboa por conseguir transmitir emocións a través das súas palabras.     💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖 Haiku Oscura noche. Sigiloso traidor. Me apuñaló.  A.C.M.  (2.º ESO)  💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖💖 Carta Ola, Elsa! Que tal polo ceo? É  un lugar bonito? Aínda que pasaron poucos anos dende a última vez que te vin e que te acariciei, estes anos estiven só loitando contra o mundo, recordándote cada día, pero sabía que quedaba parte de ti dentro de min, do meu corazón. Para min ti fuches a mellor cadela da terra, a máis bonita e a máis cariñosa. O outro día pensei en ti, en que lembraba o primeiro día que te vin, que non podo vivir sen ti... Recordo a ...

Nadal 2024

  Aquí tedes unha selección de lecturas para este Nadal. Esperamos que disfrutedes moitísimo. Bo Nadal e felices festas!

IX Día das Escritoras

Imagen
  Día das Escritoras 2024 BNE Comezamos a mañá deste 14 de outubro cun recordatorio de todas esas mulleres escritoras que quixeron dedicarse a esta profesión e loitaron por exercer libremente a súa paixón pola escritura. Estas palabras da autora Carmen Laforet reflicten moi ben este sentir do amor pola literatura:  He pensado en el motivo y la vena de mi vocación de novelista y sé que mis libros se deben a un profundo amor a la vida. Nalgunhas aulas léronse varios dos textos da selección proposta pola comisaria da 9.ª edición, Ana Iris Simón. Nesta ocasión, os vinte textos de vinte autoras non contemporáneas xiraban arredor do mundo rural, temática elixida para este ano.